'Filososidra' de Joaquín Pajarón en Pontevedra

sáb14mar20:30'Filososidra' de Joaquín Pajarón en PontevedraFilosofía de barrio, sabedoría de sidrería e humor caseiro20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Filososidra’ é un monólogo onde a vida cotiá se examina baixo unha lupa… pero asturiana, nunha sidrería, cun pequeno vaso de sidra na man.

Son as reflexións dun lugareño na barra, ese lugar onde todo se discute, se analiza e se resolve con humor, sidra e un toque de “repunancia”, unha palabra asturiana esencial para entender o mundo.

Aquí, Joaquín Pajarón fai o que mellor sabe facer: darlle voltas á vida, ao cotián e ao que nos acontece a todos, transformándoo en pura risa e camaradería. Filosofía de barrio, sabedoría de sidrería e humor caseiro.

Todo isto cunha única misión… pasalo ben, rir e desconectar un anaquiño, que é o esencial.

Entradas anticipadas á venda dende 18,70 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!