IX Concentración de Artefactos Flotantes | © Concello de Nigrán

‘Flota Como Poidas’ en Nigrán 

xov08ago19:30‘Flota Como Poidas’ en Nigrán 10ª Concentración de Artefactos Flotantes19:30 Ponte da Ramallosa - Nigrán

Detalles do Evento

Concello de Nigrán volve organizar a xa tradicional concentración de artefactos flotantes chamada ‘Flota Como Poidas’, que terá lugar o domingo 11 de agosto ás 19:30 horas desde a ponte da Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en nigran.es. O prazo de inscrición para participar remata o 9 de agosto ás 12:00 horas. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 19.00 horas.



Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O evento, como é habitual, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobello’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi.

É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao ‘Titanic’ da edición.

Hora

(Xoves) 19:30

Localización

Ponte da Ramallosa

Rúa Manuel Lemos, 2, 36370 Nigrán

Está pasando!