Exposición 'Cines de Pontevedra'

lun22xul(xul 22)09:00ven30ago(ago 30)22:00Exposición 'Cines de Pontevedra'Deputación de Pontevedra(xullo 22) 09:00 - (agosto 30) 22:00 Pazo da Deputación de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Vestíbulo do Pazo Povincial da Deputación de Pontevedra acolle do 22 de xullo ao 30 de agosto a exposición ‘Cines de Pontevedra. Memorias dunha ilusión’.

Diante do esmagador dominio que teñen hoxe os complexos multisala nos centros comerciais, pódese considerar que a etapa dos vellos cines, aqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia, pertence xa, salvo contadas excepcións, ao pasado.


Mostra ‘Cines de Pontevedra’ | © Deputación de Pontevedra

Esta exposición recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio, e tamén a máis barata.

Ademais dos restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cine subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos, cando os soños do celuloide servían de refuxio e animaban as tristuras da vida cotiá.

  • Comisariado e textos: Jesús Ángel Sánchez García
  • Fotografías: Xosé Castro

Logo da súa inauguración no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, esta mostra percorrerá os concellos da provincia.


Mostra ‘Cines de Pontevedra’ | © Deputación de Pontevedra

O proxecto completouse cunha parte de memorias e vivencias persoais en colaboración cos concellos e centros de persoas maiores da provincia de Pontevedra, que participaron cubrindo máis de 500 enquisas e mantendo conversas sobre os seus recordos do cine. Froito dese traballo, realizáronse unhas gravacións durante o verán de 2022.

Horario de visita: de luns a venres, de 09:00 a 20:00 horas.


Hora

Xullo 22 (Luns) 09:00 - Agosto 30 (Venres) 22:00

Localización

Pazo da Deputación de Pontevedra

Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra

Está pasando!