Galegote Rock en Pontevedra

ven05mai20:30ven23:50Galegote Rock en PontevedraFestival de bandas galegas con letras en galego20:30 - 23:50 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Galegote Rock celebrará os seus once anos de vida por todo o alto. O festival de música promovido polo Concello de Pontevedra volverá traer até a cidade unha selección das mellores propostas actuais do país. Nomes relevantes, promesas futuras, xéneros diversos e, todo isto, coa lingua galega como base.

As datas escollidas para esta edición serán o venres, 5 de maio e o sábado, 6 de maio. A primeira funcionará como unha xornada máis relaxada —no número de actuacións — que funcionará como unha gran presentación do que estará por vir ao día seguinte; sendo a xornada do sábado un día intenso e sen parada, cheo de música en diferentes espazos, todos eles de balde.



O Galegote Rock muda horarios e espazos para esquivar a choiva

A previsión de choiva para a fin de semana non fará perigar a celebración do Galegote Rock, se ben si mudará os escenarios previstos e os horarios dos concertos.

O festival de música promovido polo Concello de Pontevedra volverá traer até a cidade unha selección das mellores propostas actuais do país. Nomes relevantes, promesas futuras, xéneros diversos e, todo isto, coa lingua galega como base.

Así, as actuacións que antes ían estar distribuídas polos Xardíns de Marescot, o Campiño ou a Avenida de Santa María, pasan a ter como posíbeis ubicacións só dous puntos: a Praza do Concello ou a Sala Karma.

No caso primeiro, co fin de ofrecer un espazo libre de auga, o público e os artistas contarán cunha carpa instalada para poder seguir gozando da música sen medo a choiva. Doutra banda, os horarios tamén se viron modificados un chisco para permitir e manter todas as actuacións previstas.

Cómpre sinalar que se segue mantendo o carácter festivo do evento, diverso, e mesmo cunha programación infantil e xuvenil especial.

Hora

(Venres) 20:30 - 23:50

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!