'Habitar o baleiro', fotografías de Brais Lorenzo en Vigo

xov08maiConsultardom13xul'Habitar o baleiro', fotografías de Brais Lorenzo en Vigohistorias do rural que merecen ser contadas(Consultar) Museo Quiñones de León - Vigo

Detalles do Evento

‘Habitar o baleiro’ é unha exposición formada por máis de cincuenta imaxes do fotógrafo ourensán Brais Lorenzo. Forma parte dun proxecto xornalístico multiplataforma que nace para documentar a vida no rural de Galicia.

O que foi, o que é, o que nace e o que desaparece, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo, son piares fundamentais que construén o relato, axudan a entender o pasado e tamén a explicar o presente.

A través destas imaxes, con textos, vídeos e audios, un colectivo formado polo fotógrafo Brais Lorenzo, os xornalistas Claudia Morán, Alba Moledo, Sergio Pascual, Alba Rodríguez Saavedra e Lucía Abarrategui, xunto co apoio dos profesionais do audiovisual de Metropolis.coop, pon o foco nos proxectos e nas problemáticas vinculadas ao entorno rural: a sostenibilidade, a vida no campo e o traballo das cooperativas agroalimentarias; pero tamén a vellez, a soidade e a desasistencia, a convivencia cos parques eólicos ou o impacto dos fenómenos climáticos moitas veces asociados á despoboación, como a seca e os incendios forestais.

Son as historias do rural que merecen ser contadas. Para que o natural viva. Para que a memoria permaneza.

Do 8 de maio ata o 13 de xullo de 2025 no Museo-Pazo Quiñones de León de Museo-Pazo Quiñones de Vigo.

Horario de apertura ao público:

  • Mañás

    • Martes a venres: de 10.00 a 14.00 h
    • Domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 h

  • Tardes

    • Mércores e xoves: de 17.00 a 20.00 h
    • Sábados: de 17.00 a 20.00 h

Hora

Maio 8 (Xoves) - Xullo 13 (Domingo)

Localización

Museo Quiñones de León

Abeleira Menéndez, 8 362020 Vigo

Está pasando!