'Henriko o feiticeiro' na Illa de Arousa

dom04ago20:30'Henriko o feiticeiro' na Illa de Arousacultura no camiño 202420:30 Concello da Illa de Arousa - A Illa de Arousa

Detalles do Evento

A Praza do Regueiro da Illa de Arousa acolle o domingo 4 de agosto o espectáculo de novo circo ‘Henriko o feiticeiro’.

Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, charlatán? que sente que realiza trucos increibles. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos cázanlle os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar co espectáculo coma se todo estivese a saír segundo o planeado.

Pero tras a aparencia deste desastroso feiticeiro escóndese un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios. Nun intre dado do espectáculo, para sorpresa do público e do propio Henriko, comezarán a aconteceder cousas inexplicables na escena.

O achegamento de enerxía por parte do público alcanzou tal intensidade que os feitizos, de súpeto, están a funcionar. Henriko adquire poderes e dá camiñado con éxito sobre o arame de funambulismo dando conseguida unha especie de levitación mística.

 Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Concello da Illa de Arousa

Está pasando!