'Historias dun mundo grande' narradas por Fran Ameixeiras en Vilagarcía

sáb25out12:00'Historias dun mundo grande' narradas por Fran Ameixeiras en VilagarcíaDÍA DAS BIBLIOTECAS 202512:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O sábado 25 de outubro, a partir das 12:00 horas, co gallo do Día das Bibliotecas, levarase a cabo outra iniciativa organizada polo Concello de Vilagarcía, consistente nunha narración oral e animada baixo o título ‘Historias dun mundo grande’, a cargo de Fran Ameixeirase a compañía Bandullo Azul.

Dirixida a nenos a partir de 4 anos e ata 11, conta a historia da cadeliña Becki e as súas viaxes polo mundo.

Esta actividade intégrase no servizo de extensión cultural da biblioteca, co que se pretende fomentar o hábito da lectura durante os primeiros anos de idade, así coma dar a coñecer o servizo municipal entre as familias.

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!