Mostra de Teatro de Barrio en Pontevedra

mér13set(set 13)21:00dom17set(set 17)19:00Mostra de Teatro de Barrio en Pontevedraasociación 'os carballiños' e Concello de Pontevedra21:00 - 19:00 (17) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Teatro Principal de Pontevedra acolle do 13 ao 17 de setembro o ciclo de teatro afeccionado ‘Teatro de Barrio’, da man da Asociación ‘Os Carballiños’ e composto por 5 espectáculos.

Os grupos de teatro Salcedo Norte, Aula de Expresión, Lúa chea, Xenio e Ilusionistas son os encargados de levar a escena as diferentes pezas de creación propia ou adaptacións.

Os espectáculos de mércores a sábado, destinados a público adulto, terán lugar ás 21:00 horas no Teatro Principal. A representación do domingo 17, dirixida a público familiar, dará comezo ás 19:00 horas.

As entradas xa están á venda a un prezo simbólico de 2 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.



Mércores 13 de setembro ás 21:00 h.

• ‘Hoxe como noutrora’ de Salcedo Norte

Con temática social, xa que fala de emigración partindo da adaptación de catro fragmentos da obra de Varela Buxán – o autor galego chamado poeta do pobo – todos eles relacionados coa emigración e outros aspectos da problemática social da Galicia da época que seguen vixentes na actualidade: a soidade, a precariedade, o despoboamento rural, o rexeitamento do propio.

Xoves 14 de setembro ás 21:00 h.

 ‘Licor de ameixa’ de Aula de Expresión

Fala da muller e da liberdade, de mulleres presa pola presión familiar. É a historia dunha familia contada a través das súas mulleres, «catro xeracións de mulleres, un xogo da memoria e do tempo, a historia da vella casa familiar da que todas as mulleres querían fuxir. E se o tempo parara, e nos decatáramos que somos “mulleres que non serven para nada”. Non queren servir a ninguén, queren servir só para elas, queren liberarse.

Venres 15 de setembro ás 21:00 h.

 ‘Por fin sós’ de Lúa chea

Unha comedia acumulativa que fala da soidade das persoas maoires de xeto sutil e humorístico, interpretada polo citado grupo de teatro no que a rapaza máis nova ten 16 anos e a maior sobre 80. “Unha parella está a punto de estrear o séu nidiño de amor, despois de tanto tempo preparando e soñando, chegou o gran día para disfrutar dunha velada sós. “Como yo te amo nadie te amará” Sí pero…. chaman a porta”.

Sábado 16 de setembro ás 21:00 h.

 ‘Ladrón de corazóns’ do Grupo Xenio

O grupo de teatro máis antigo de Pontevedra que leva como 48 anos en activo, presenta a comedia que pechará as pezas destinadas a adultos. Nun edificio da comunidade do “Corazón” en tres pisos acontecen tres historias distintas. No 8ºA escoitan un ruido, no 5ºC alguén está moi nervioso porque está a piques de se declarar, e no 3º B están preparando unha cea de amig@s, pero nada é o que parece. Historias que tratan do amor, das relacions, dos malosentendidos, da vida.

Domingo 17 de setembro ás 19:00 h.

 ‘Non queremos perdices’ de Ilusionistas (Público familiar)

Versión moderna e actualizada da Cincenta, con cancións en directo, coreografías e unha escenografía moi especial. Todo aderezado con humor e diversión para disfrutar en familia.

Hora

13 (Mércores) 21:00 - 17 (Domingo) 19:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!