I Ciclo de Saúde e Muller en Sanxenxo

ven24mai(mai 24)19:00mér05xuñ(xuñ 5)17:00I Ciclo de Saúde e Muller en SanxenxoCentro de Información á Muller (CIM) de Sanxenxo19:00 - (xuño 5) 17:00 Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

O Centro de Información á Muller (CIM) de Sanxenxo vai a organizar o I Ciclo de Saúde e Muller, cunhas sesións formativas interactivas de temas de saúde especialmente sensibles para a muller. Plantéxase nun principio dividido en 3 charlas participativas de dúas horas de duración cada unha. Estas charlas abordarán temas fundamentais para a saúde e o benestar das mulleres, brindando información relevante e promovendo a interacción entre as participantes.

As temáticas serían:

  • Coloquio café “Menopausa en positivo: Abrazando o cambio”. Será o 24 de maio e as inscricións estarán abertas ata o día 20. Nesta charla, abordaranse os cambios físicos e emocionais que experimentan as mulleres durante a menopausa. Exploraranse os síntomas comúns, como os sofocos, cambios no estado de ánimo e a perda ósea, e discutiranse estratexias para mitigar estes efectos, incluíndo a dieta, o exercicio e terapias alternativas. Tamén proporcionarase información sobre opcións de tratamento dispoñibles, como a terapia hormonal e outras terapias non hormonais, para axudar ás mulleres a tomar decisións informadas sobre a súa saúde durante esta transición importante en a vida.
  • Coloquio Café “Máis aló da dor: Comprendendo a endometriose”. Será o 29 de maio e o prazo de inscripción estará aberto ata o 24 de maio. Nesta charla profundizarase na comprensión da endometriose, unha enfermidade xinecolóxica crónica que afecta a millóns de mulleres en todo o mundo. Exploraranse os síntomas, diagnóstico, tratamentos e estratexias de afrontamento asociados con esta enfermidade, brindando información valiosa e apoio ás mulleres que a padecen ou desexan aprender máis sobre ela.
  • Coloquio Café “Autocoidado emocional e prevención das violencias machistas”. Será o 5 de xuño e o prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 30 de maio. Nesta sesión farase unha viaxe de autocoidado emocional, onde exploraranse técnicas e prácticas que axudarán a xestionar as emocións, promover a relaxación e cultivar unha actitude positiva cara á vida.

A través de actividades interactivas e participativas, crearase un espazo seguro e acolledor onde cada participante poida descubrir novas formas de nutrir o seu benestar emocional.

Por outro lado, o CIM ten programados ao longo do mes de maio coloquios dirixidos aos colectivos de mulleres rurais. Considérase que nas asociacións, neste caso de mulleres, poden producirse as primeiras deteccións das distintas manifestacións de violencia, e elas son, unha fonte importante de apoio para toda a comunidade. Os coloquios formativos interactivos realizaranse da man dunha profesional, escritora de dous libros de autoaxuda a, psicóloga sanitaria formada en materia de violencia de xénero e en relacións de parella, Marta Martínez Novóa.

A primeira charla realizarase coa Asociación de Mulleres Rurais A Candelaria de Vilalonga, o xoves, 2 de maio ás 19:00 horas no edificio de usos múltiples de Portonovo. O xoves, 9 de maio, ás 19:00 horas terá lugar o coloquio coa Asociación de Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán.

A Asociacion de Mulleres Rurais Celso Emilio Ferreiro (Dorrón) e Vogalia da Muller da Asociacion de Veciños de Dorrón terán a charla o xoves, 16 de maio, ás 19:00 horas na Casa de Cultura de Dorrón (a granxa).

O coloquio co grupo de Taller da Memoria municipal será o 23 de maio, ás 17:00 horas na Casa Forestal das Canteiras en Noalla e o xoves 30 de maio, ás 19:00 horas, coa Asociación de Mulleres Rurais Santa Catalina de Portonovo.

Nas charlas, promoverase a participación activa das mulleres mediante a formulación de preguntas abertas, exercicios prácticos e discusións grupais. O enfoque non será simplemente expositivo, senón que se buscará identificar as dúbidas e preocupacións específicas das participantes e proporcionarlles respostas e orientación axeitadas. Fomentarase un ambiente inclusivo e colaborativo onde todas as voces sexan valoradas e respectadas.

En todas as actividades anteriores vaise a requerir inscripción previa para controlar os aforos. No que respecta as mulleres rurais, débese realizar a inscripción a través da asociación. Para a inscripción no ciclo de saude e muller, a inscripción faise no correo electrónico do CIM.

Estas actividades serán financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría do Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero e Pacto do Estado.

Hora

Maio 24 (Venres) 19:00 - Xuño 5 (Mércores) 17:00

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!