This is a repeating event

I Ruta Pinchoterra en Salvaterra de Miño

ven05abrConsultarI Ruta Pinchoterra en Salvaterra de MiñoTodos os venres do mes de abril(Consultar: venres) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

En total son 26 os establecementos participantes na ruta que ofrecerán un pincho diferente a un prezo único de 2,50 euros para dar a coñecer propostas gastronómicas diferentes e elaboradas. O pincho de cada local sempre será o mesmo e poderá degustarse os venres do mes de abril.

I Ruta Pinchoterra, organizada polo Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locales de hostalaría, contará tamén cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.



Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.

Entre todos os pasaportes cubertos coñeceremos o pincho gañador que se levará unha noite con almorzo e spa para dúas persoas e tamén á persoa que máis veces consuma dentro da ruta que contará cun premio dunha experiencia en Galicia.

Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!