II Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra

sáb22feb20:00II Ciclo de Butaca da Banda de Música de PontevedraDo 22 de febreiro ao 31 de maio de 202520:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Banda de Música de Pontevedra achegará ao público pontevedrés con entrada libre ata completar cabida diferentes xéneros como a ópera, a música procesional, música de bandas, etc. baixo a dirección de Rafael Agulló Albors.

O Teatro Principal será o principal escenario da programación que achegará 5 propostas variadas entre o sábado 22 de febreiro e o 31 de maio.

O II Ciclo de Butaca arrancará o ano a ritmo de marcha, unha antoloxía dunha das formas musicais máis importantes de todos os tempos e poderemos escoitar entre outras, marchas da ópera ‘Aída’ de Verdi, a ‘Marcha Eslava’ de Tchaikovsky, ou a marcha da suite de variedades de Shostakovich. Será o sábado 22 de febreiro ás 20h, no Teatro Principal.



Continuará cun programa insertado dentro da programación do Salón do Libro, titulado ‘Contos de película’. Como este ano o Salón vai dedicado ao cine, pensamos en facer un concerto para toda a familia, onde escoitaremos bandas sonoras orixinais, de diferentes películas de animación baseadas en contos como ‘A Sereiña’, ‘A bela e a besta’ ou Harry Potter. Este concerto contará cun director convidado: Pedro Villarroel e será o domingo 16 de marzo no Teatro Principal.

O seguinte programa leva por título ‘Música procesional’. A BMP fará un percorrido polas marchas procesionais de todos os tempos, desde as clásicas de Ricardo Dourado ou Mariano San Miguel ata as máis vanguardistas de Óscar Navarro ou José Vélez entre outros. Será o domingo 30 de marzo ás 17h. na Igrexa de San Francisco.

O ciclo continuará con ‘Folklores en clave de banda’, un concerto no que escoitaremos os grandes compositores de música de banda dos últimos anos como Franco Cesarini, Van der Rost, etc. Todas as pezas collen a inspiración de diferentes folklores do noso planeta. Terá lugar o sábado 26 de abril ás 20h. no Teatro Principal.

Este ciclo de 5 concertos rematará cun concerto sinfónico, no que escoitaremos algún dos momentos máis fermosos da lírica de autores como Kórsakov, Bizet, Puccini, etc. Será o sábado 31 de maio ás 20h. no Teatro Principal”.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!