II Concurso de Relato Curto en Galego

xov28agoConsultardom09novII Concurso de Relato Curto en GalegoConcello do Rosal (Consultar) Concello do Rosal - O Rosal

Detalles do Evento

O Concello do Rosal, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza a segunda edición do Concurso de Relato Curto en Galego.

Este certame ten como obxectivo xeral a dinamización e o fomento do uso da lingua galega na veciñanza, e especialmente na mocidade, a través da participación no eido literario, impulsando a escritura en lingua galega e a creatividade como forma lúdica de galeguización potenciando o eido cultural.

Poderá participar calquera persoa non profesional, coa condición de que deberá recoller o premio en persoa, fomentando así a participación da xente da comarca. No momento no que se decidan as persoas gañadoras, se estes non posúen un motivo xustificado para non recoller o premio en persoa o día fixado, serán excluídos dos premios. En caso de ter xustificación e non poder acudir, poderán enviar a un/unha representante a recoller o premio. As categorías de participación son as seguintes:

  • Infantil: ata 11 anos (ata os nacidos no ano 2014, incluído)
  • Xuvenil: de 12 a 17 anos (os nacidos no ano 2008 ata os nacidos no ano 2015, incluídos
  • ambos)
  • Adultos/as: de 18 anos en adiante (os nacidos ata 2007, incluído)

Todos os relatos recibidos valoráranse garantindo o anonimato do/a autor/a.

Esta edición terá temática libre. Sen embargo, valorarase positivamente o uso de elementos e de temáticas relacionadas coas nosa terra, contorna, cultura, etc.

O xurado poderá desbotar calquera relato que considere que non é apropiado para un concurso con estas características e neste contexto (mensaxes de odio, temáticas inapropiadas, etc) ou que non siga a temática fixada para esta edición.

Haberá premios para os tres primeiros seleccionados en cada categoría. Ademais, para todas as persoas que participen haberá un diploma que reflexe a súa participación e unha copia dun pequeno recopilatorio que se fará cos relatos seleccionados.

Os premios dos tres primeiros seleccionados de cada categoría son os que se desglosan a continuación:

  • Infantil:

    • Primeiro premio: Un eBook de características profesionais e un Lote de libros infantís
    • Segundo premio: Un eBook e un Lote de libros infantís
    • Terceiro premio: Un lote de libros infantís

  • Xuvenil:

    • Primeiro premio: Un eBook de características profesionais e un Lote de libros xuvenís
    • Segundo premio: Un eBook e un Lote de libros xuvenís
    • Terceiro premio: Un Lote de libros xuvenís

  • Adulto:

    • Primeiro premio: Un eBook de características profesionais e un Lote de libros
    • Segundo premio: Un eBook e un Lote de libros
    • Terceiro premio: Un Lote de libros

O prazo de presentación de relatos remata o 9 de novembro.

Máis información, bases do concurso e inscricións en orosal.gal

Hora

Agosto 28 (Xoves) - Novembro 9 (Domingo)

Localización

Concello do Rosal

Está pasando!