II Ecommerce Day en Pontevedra

xov09nov09:30xov18:30II Ecommerce Day en Pontevedra Cluster do Ecommerce Galego e Marketing4eCommerce09:30 - 18:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Ecommerce Day nace en 2022 coa vocación de converterse na xornada de referencia do comercio e márketing dixital no Noroeste de España, desde Pontevedra.

Nesta edición de 2023, o Cluster do Ecommerce Galego suma á organización a Marketing4eCommerce, a comunidade profesional de referencia no sector, co obxectivo de xerar un ambiente para favorecer o networking entre os asistentes, e ampliar fronteiras, converténdose así nun encontro de referencia para os profesionais do sector do norte da península.

Ecommerce Day está enfocado para directivos e profesionais do sector do eCommerce e o márketing dixital. Un evento creado por e para especialistas de todo o país.



Este encontro buscará achegar enfoques novos e propostas de valor aos retos aos que se enfronta o sector dixital español.

O Ecommerce Day celebrarase o vindeiro día 9 de novembro, xoves, no Pazo da Cultura. A previsión manexada pola organización é a da chegada de 120 profesionais do sector de distintas empresas co obxectivo de ofrecer formación, tecer novos fíos de colaboración e demais novas sinerxías.

Todo o programa, así como o formulario de inscrición, pode ser coñecido a través da páxina oficial do evento.

Está pasando!