This is a repeating event

III Festival BDra Gráfica en Pontevedra

xov22maiConsultarIII Festival BDra Gráfica en PontevedraFestival de Banda Deseñada de Pontevedra(Consultar: xoves) Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Por terceiro ano consecutivo, a banda deseñada atopará en Pontevedra un espazo no que proclamarse protagonista absoluta da programación cultural.

O festival BDra Gráfica continúa o seu camiño presentando unha programación emocionante e ambiciosa, e fixando a data da súa celebración un chisco antes do habitual para non coincidir co Multisport de Triatlón: entre o 22 e o 25 de maio, tendo na Ferraría o seu principal polo de actividades.

Organizado e financiado polo Concello de Pontevedra, o festival de banda deseñada conta coa dirección e coordinación de Kiko da Silva, artista e director da escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético.

Ademais do cartaz debuxado por Rubén Pellejero, que ten como protagonista a Corto Maltés, haberá unha exposición de orixinais dos últimos libros de Corto Maltés que estará na Fundación Moldes, un dos espazos desta edición.



O festival tamén terá de convidada a Ana Oncina, recoñecida polo seu libro ‘Croqueta & Empanadilla’, que vén de gañar premios mesmo no Xapón.

A lista de convidados é longa, e forman parta de mesma nomes como Jaime Martín, Javi Rodríguez, Javi Rey, Alicia Jaraba (que realizará a masterclass deste ano no Teatro Principal), Paula Mayor ou Teresa Valero (que realizará unha exposición no espazo Nemonon fóra das datas oficiais do festival, o día 30 de maio).

Como é habitual, BDra Gráfica contará na Praza da Ferraría cunha carpa que funcionará como centro neurálxico de todo evento e como punto de encontro e de distintas charlas, así como de venda de obras.

Ademais, a Casa Consistorial abrirá as súas portas ao público para acoller unha mostra de corenta orixinais do coleccionista Jaume Vaquer, dono dunha das coleccións privadas máis importantes dentro do eido da BD.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!