This is a repeating event

III Ruta Pinchoterra en Salvaterra de Miño

ven17abrConsultarIII Ruta Pinchoterra en Salvaterra de Miñoxoves e venres do 2 de abril ao 1 de maio(Consultar: venres) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

A III Ruta Pinchoterra ten lugar todos os xoves e venres ata o 1 de maio e conta cun sorteo de máis de 30 premios. 

Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio de 200 euros, un segundo de 100 e un terceiro de 75 euros para consumir nos locais adheridos, 24 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.

Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 4 selos (4 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito.

Unha das claves do éxito desta ruta ademais da cantidade de establecementos adheridos é a variedade de propostas gastronómicas con opcións vexetarianas, veganas ou sen glute para chegar a todo o público.

O Concello de Salvaterra de Miño, que continúa apostando un ano máis por este tipo de iniciativas, valora o bo facer da nosa hostalaría e a calidade do produto ofertado, salientando que o público procedente do propio concello e doutros da zona da provincia e do país veciño encheu as rúas de Salvaterra de Miño e as parroquias durante a xornada do xoves e venres.

Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos pode consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!