This is a repeating event

IV Festa do Mar de Vilaboa

sáb12abrConsultarIV Festa do Mar de VilaboaRecinto de festas de San Adrián de Cobres(Consultar: sábado) Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

O Concello de Vilaboa presentou a cuarta edición da Festa do Mar, que se desenvolverá no recinto de San Adrián de Cobres os días 12 e 13 de abril.

Este ano serán dous os restaurantes que se ocupen de servir as preparacións. Os equipos de cociña de A Garboa e a Casa de Rosa da Mazaroca trasladaranse á carpa durante as dúas xornadas da Festa do Mar para cociñar en vivo e ofrecer as súas elaboracións en formato tapa e prato, de xeito que este ano será posible degustar e tamén comer na carpa con prezos asequibles que variarán en función do prato.



A oferta gastronómica complétase co posto de polbo de Iván e outro de ostras a cargo de Tito de Arcade, as empanadas e os doces serán cousa da Panadería Os Laranxos e o Bar Chancho encargarase das bebidas. 

Terán presenza da Festa tamén as adegas Ardán e Os Areeiros, que presentarán os seus viños como adianto da Festa do Viño que terá lugar en maio.

A música terá tamén un apartado destacado xa que haberá charangas que ambienten as diferentes sesións. Los Dinámicos, Os Encerellados Os Jalácticos serán as encargadas de animar a Festa, que o domingo contará tamén na carpa con inchables para o goce dos máis pequenos.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!