Actividades de Montaxe de Artesáns da Pesca | Sociedade de Pesca de Soutomaior

IV Obradoiro de Montaxe de Artesáns da Pesca en Soutomaior

sáb21feb09:30sáb19:00IV Obradoiro de Montaxe de Artesáns da Pesca en SoutomaiorSociedade de Pesca de Soutomaior e Concello de Soutomaior09:30 - 19:00 Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Soutomaior volverá acoller este ano o Obradoiro de Montaxe de Artesáns da Pesca, organizado de maneira conxunta pola Sociedade de Pesca de Soutomaior e o Concello.

A cita será xa a cuarta deste obradoiro e vaise celebrar este sábado 21 de febreiro no Multiúsos de Arcade. Un evento que reunirá os mellores artesáns do sector da pesca a nivel galego, estatal e internacional.

Así, deste xeito, está confirmada a asistencia de Roberto Caldeiro, Jaime Omar, Antonio Vilariño, Miguel Ángel Montoto, Santi Nitas, Alex Puente, José Luís Maceira “Maki”, Eloi Saavedra, Jorge Rodríguez Maderal e Jorge Blackfish Lures.

O obradoiro abrirá ao público e terá entrada de balde en horario de mañá de 9:30 a 13:30 horas e, de tarde, de 16:00 a 19:00 horas.

Durante a quenda da mañá, os artesáns irán facendo demostracións prácticas sobre o seu labor e haberá un curso básico de lance de mosca antes do peche ao público.

Hora

(Sábado) 09:30 - 19:00

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!