‘Transeúnte’ | Lorenzo Negueruela

Daniel Rodríguez presenta 'Transeúnte' en Vilagarcía

sáb18abr20:00Daniel Rodríguez presenta 'Transeúnte' en VilagarcíaCICLO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A programación do ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios pecharase o sábado 18 de abril coa posta en escena de ‘Transeúnte’, unha montaxe de danza contemporánea dirixida por Daniel Rodríguez e coproducida polo Centro Coreográfico Galego.

Transeúnte é un espectáculo de catro bailaríns e dous músicos en directo, no que brilla o diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, e os seus contextos.

Invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construir un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiosis entre tradición e contemporaneidade.

O termo “transeúnte” fai referencia a estar de paso, a non residir senon temporalmente nun lugar. Por eso, poñemos o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración atravesados polo folklore e a tradición, integrando influencias do noso contesxto actual.

‘Transeúnte’ reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición e o folklore neste mundo globalizado no que aínda habita a sabedoría innata dos nosos instintos. Celebra a diversidad cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e invítanos a una viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.

Como todas as actuacións organizadas a través da colaboración entre o Concello de Vilagarcía e Agadic, as localidades teñen un prezo reducido de 5 euros. Ademais, hai entradas bonificadas a 3 euros para titulares do Carné Xove e persoas desempregadas.

Os billetes xa se poden adquirir a través de Ataquilla.com (máis gastos de xestión) e, de non esgotarse antes, o mesmo día das funcións, no Auditorio.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!