'La reina de la belleza de Leenane' en Vigo

xov20feb20:30'La reina de la belleza de Leenane' en VigoTempada de Abonos de Teatro Afundación20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da Tempada de Abonos de Teatro Afundación, o xoves 20 de febreiro, ás 20:30 horas, o Teatro Afundación de Vigo acolle a obra ‘La reina de la belleza de Leenane’ de Martin McDonagh.

90 min | castelán | NRM 14

DIRECCIÓN: Juan Echanove
ELENCO: María Galiana, Lucía Quintana, Javier Mora, Alberto Fraga
PRODUCIÓN: Okapi



«Unha obra que plasma a realidade existencial que sofren unha nai e unha filla nun confín na estrema do mundo»

Nunha casa en Connemara, Irlanda, nos 90, viven soas Mag Folan, muller maior dependente, e a súa filla solteira de máis de corenta anos, Maureen. Ela é quen se ocupa dos coidados da nai. A relación entre as dúas é tensa e represiva debido a traumas do pasado recente e por un historial de danos recíprocos. Mais esta situación agrávase co regreso eventual de Pato Dooley, a exparella de Maureen, ao producirse un reencontro amoroso entre eles.

A anciá célase desta relación que creará un estado de autoengano en Maureen e o enfrontamento agudo entre ambas. A cousa aínda empeorará cando a nai lle oculta á filla unha carta de Pato, onde lle propón marchar con el a Boston. A descuberta levará a un desenlace violento.



RENOVACIÓN DE ABONOS

Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:

  • Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 9 ao 15 de decembro.
  • Ou na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n) ou na Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2), o día 16 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.

VENDA XERAL DE ABONOS

Online en www.ataquilla.com do 17 de decembro ao 6 de xaneiro 2025 para Vigo ou ao 17 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO

Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 7 de xaneiro 2025 para Vigo, e tamén online ou na Sede Afundación Pontevedra a partir do 20 de xaneiro 2025 para Pontevedra.



CULTURA POR ALIMENTOS

Esta tempada enmárcase en Cultura por alimentos, un programa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Desde Afundación, Obra Social ABANCA, convídannos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, dando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.

Máis información AQUÍ.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!