Musical 'La Vaca Lola y sus amigos' en Cangas

sáb28dec17:00Musical 'La Vaca Lola y sus amigos' en Cangasas mellores cancións populares de tódolos tempos17:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Lola, a vaca máis famosa do mundo, chega coa súa obra de teatro musical, xunto aos seus enxeñosos e divertidos amigos, que a través da música e a danza ensinarán aos pequenos e maiores a valorar a importancia da alimentación, o respecto pola natureza e o verdadeiro significado da amizade.

La Vaca Lola converteuse na artista infantil do momento, situándose como unha das personaxes con máis visualizacións en YouTube, alcanzando máis de mil millóns de visitas.



Este espectáculo de teatro-musical interactivo é un espazo familiar de diversión e pedagoxía que proporcionará unha experiencia inmersiva no universo de ‘La Vaca Lola y sus amigos’, a través dunha gran aposta no escenario a través das mellores cancións populares de todos os tempos.

Entradas anticipadas á venda dende 14,60 euros en Ataquilla.com. Menores de 12 meses non pagan entrada.

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!