'Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico' en Pontevedra

ven28outConsultarsáb29out'Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico' en Pontevedra(Consultar) Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra é unha das entidades que promove o ‘Lifelong Learning 20/22 Curso del Atlántico’ que será celebrado na Boa Vila os días 28 e 29 de outubro. Trátase dun congreso de oftalmoloxía que reunirá a algúns dos maiores expertos neste eido en todo o Estado, que terán a oportunidade de expoñer, divulgar e compartir as súas experiencias a través das diferentes sesións.

Cada sesión estará dedicada a un tema concreto, como a superficie ocular, uveitis, estrabismo, glaucoma, cirurxía refractiva, córnea, cirurxía da córnea, do cristalino, retina médica e o tratamento cirúrxico desta última.


Presentación do ‘Lifelong Learning Curso del Atlántico’ | © Concello de Pontevedra

O congreso foi presentado polo doutor e director do evento, Pedro Corsino Fernández Vila, acompañado do concelleiro César Mosquera, que fixo de anfitrión durante o acto de presentación, «xa que fun paciente de oftalmoloxía cando Pedro Corsino era o xefe de servizo e estou absolutamente encantado de darlles hoxe a benvida».

Saskia Aguado, directora médica para Baush+Lomb en España e Portugal, explicou que esta cuarta edición do Curso del Atlántico é «un curso moi especial para o que desprazamos un gran número de persoas até unha cidade que ten un encanto especial». «Pontevedra é unha cidade acolledora que invita a concentrar o coñecemento e que nos permite, desde hai catro anos, establecer un porto seguro para as nosas necesidades como organizadores e como un curso tan importante coma este, un curso que desde o principio contou co recoñecemento de todos os oftalmólogos que acoden até este, tanto pola súa calidade como polo elevado nivel científico que ofrece».

Doutra banda, David Muñoz, responsábel de márketing de Bausch+Lomb, comentou que serán 275 os especialistas médicos chegados até Pontevedra desde toda España, aos que tamén habería que sumar 45 da propia compañía promotora do evento. «Estaremos pernoctando en Pontevedra, camiñando polas súas rúas e gozando da cidade ademais do curso. É un feito importante celebrar este curso aquí, é unha cidade que anima a pasear e é un aliciente para todos os desprazados, amais do contido científico que aporta o curso».

Hora

outubro 28 (Venres) - 29 (Sábado)

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!