Exposición 'Love' en Vigo

dom18febConsultarven01marExposición 'Love' en VigoProxecto expositivo de David Fidalgo(Consultar) Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Do 18 de xaneiro ao 1 de marzo a Sala Maruja Mallo da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle o proxecto expositivo ‘Love’, de David Fidalgo.

David Fidalgo leva anos producindo obras de animación que falan da sociedade que mostran a televisión e as redes, desde un punto crítico e irónico a través do concepto do meme e do absurdo.

En ‘Love’ establece unha reflexión sobre o clixé do amor verdadeiro na televisión.

Fálase dos realities como sinónimo de telerrealidade dunha maneira completamente incorrecta e consciente do engano.

Neste tipo de programas non se busca falar de persoas reais, son ficcións baseadas na superficialidade que non reproducen códigos da realidade, senón da televisión e das redes para formar un circo sustentado na inxenuidade da xente. É curioso este interese no amor romántico cando o que se favorece é o seu fracaso; o drama, os conflitos, os berros, os celos etc., iso é o que triunfa e engancha á audiencia, o cal convida a unha reflexión sobre a complicidade das e dos espectadores.

É tanta a repetición destes programas que é difícil que as e os espectadores discirnan entre o real e o irreal, damos por veraz unha fantasía prefabricada; non sabemos que é o amor, senón que coñecemos o que nos venden e crémolo noso. Normalízase o abuso e edulcórase a relación tóxica, o que pode provocar impresións negativas e fomentar devanditos comportamentos nas e nos televidentes, xa que a pantalla xoga un papel lexitimador moi perigoso.

En definitiva, falamos dun simulacro do amor romántico, dunha sorte de hiperrealidade baseada no estereotipo e fundamentada no capitalismo do cuqui.

David Fidalgo convida ás e aos asistentes a presenciar esta telerrealidade a través do retrato absurdo das e dos personaxes que a habitan e que, dunha maneira humorística, esconden unha imaxe da sociedade que resulta verdadeiramente perturbadora.

É isto amor?


DAVID FIDALGO

David Fidalgo Omil (Lugo, 1989), graduado en Belas Artes en Pontevedra e cun máster en Álbum Ilustrado e Animación, compaxina as súas dúas paixóns, o cine e a arte, como realizador de animación a nivel nacional cun carácter e estilo moi persoais.

Coas súas curtas de animación Cartas a Superman, Homomaquia e Sandwich Cat leva anos participando en festivais de cine de todo o mundo.

Tamén formou parte de varias exposicións coma “Cultivando incertezas”, no Centro Galego de Arte Contemporánea, ou “A costela de Adán”, na Galería Dupla de Santiago.

Hora

Febreiro 18 (Domingo) - Marzo 1 (Venres)

Localización

Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo

Está pasando!