Festa do Carneiro ó Espeto | Concello de Moraña

This is a repeating event

LVI Festa do Carneiro ó Espeto en Moraña

sáb26xulConsultarLVI Festa do Carneiro ó Espeto en MorañaDeclarada de Interese Turístico Galego(Consultar: sábado) Carballeira de Santa Lucía - Moraña

Detalles do Evento

O domingo 27 de xullo, na Carballeira de Santa Lucía, a LVI Festa do Carneiro ó Espeto porá o punto final ás festas de Moraña.

Aquí ásanse ao estilo pampeiro (abertos en canal e con lume de leña), preto de douscentos carneiros. Non se venden racións, senón carneiros enteiros, polo que é unha festa gastronómica na que participan grandes grupos de amigos, previa reserva de mesa (20-30 persoas) e lote de comida (un carneiro, dúas empanadas de zorza e bacallau, pan, un garrafón de viño do país e café). Pero ninguén queda sen degustar a saborosa carne, xa que todos os restaurantes do municipio a preparan eses días en previsión do numeroso público que se achega á festa.

A festa ten a súa orixe remota nos primeiros anos do século XX, cando un emigrante da vila en Arxentina organizou unha comida campestre con carneiro ao estilo pampeiro. Pero naceu tal e como se celebra na actualidade en 1969 por iniciativa dun grupo de mozos da localidade. Con tan longa traxectoria, está considerada unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia.

Mentres esperan polo asado, que necesita unhas sete horas para estar a punto, os comensais abren o apetito coas empanadas e o viño. As peñas, recoñecibles polas súas rechamantes camisetas, animan a comida coas súas charangas e todo o mundo remata contaxiado do espírito lúdico desta gran bacanal.

Esta festa gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia, acollerá multitude de actividades lúdico-culturais para todos os veciños e visitantes.

Sábado, 5 de xullo

  • 09:00 h. Carballeira de Santa Xusta: II Exposición Cans de Caza e Concursos Monográficos.
  • 16:00 h. Festa infantil con colchonetas gratis para todos os nenos e nenas.

Domingo, 6 de xullo

  • 09:00 h. Edificio Multiusos: IV BTT Carneiro ó Espeto e Andaina Popular.

Venres, 11 de xullo

  • 21:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Espétalle un pincho, degustación gastronómica de carneiro.

Sábado, 12 de xullo

  • 11:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Feira de Artesanía de segunda man.
  • 11:00 h. I Búsqueda do Tesouro Clásicos do Carneiro: concentración de vehículos clásicos.
  • 12:30 h. Carballeira de Santa Lucía: Sesión vermú.
  • 19:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Desfile de moda.
  • 20:30 h. Certamen de Corais.
  • 21:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Degustación gratuíta de paella co cociñeiro Miguel Mosteiro.

Venres, 18 de xullo

  • 21:30 h. Edificio Multiusos: Show de comedia: Aló Imos.

Domingo, 20 de xullo

  • 10:30 h. XI Carreira Carneiro ó Espeto.
  • 17:00 h. Campo de Fútbol O Buelo: Finais do Torneo Interparroquial de Fútbol.

Luns, 21 de xullo

  • 20:30 h. Patio traseiro da Casa da Cultura: Espectáculo teatral: O Rianxeiro. Ano Castelao.

Martes, 22 de xullo

  • 12:00 h. Edificio Multiusos: Contacontos musical: Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas.
  • 16:30 h. Piscina Municipal: Festa acuática.

Mércores, 23 de xullo

  • 20:00 h. Patio traseiro da Casa da Cultura: Festa infantil.
  • 23:00 h. Festa Holi con DJ e cócteles sen alcol para a rapazada de 12 a 17 anos, previa inscrición na biblioteca.

Xoves, 24 de xullo

  • 22:30 h. Edificio Multiusos: Carnaverán.

Venres, 25 de xullo

  • 11:00 h. Ruta acuática polo río Umia.
  • 20:00 h. Edificio Multiusos: Inauguración exposición: Mulleres rurais de Moraña dende 1992.
  • 20:30 h. Edificio Multiusos: Exposición de Artesanía e Restauración.
  • 21:30 h. Unha noite de amor con Lela: Concerto da Banda de Música Nova Lira de Moraña.
  • 23:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Verbena popular coas orquestras París de Noia e Charleston Big Band.

Sábado, 26 de xullo

  • 11:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Festa da Bicicleta.
  • 23:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Verbena popular coas orquestras La Última Legión, Gran Parada e a Discomóbil La Duendeneta.

Domingo, 27 de xullo

  • 11:00 h. Pasarrúas coa charanga Os Encerellados.
  • 14:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Adxudicación de lotes.
  • 14:30 h. Carballeira de Santa Lucía: Xantar de Carneiro ó Espeto.
  • 20:00 h. Carballeira de Santa Lucía: Actuación musical co grupo De Vacas.
  • 22:30 h. Carballeira de Santa Lucía: Verbena popular con O Son das Tabernas e a orquestra Panorama.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Carballeira de Santa Lucía

Carballeira de Santa Lucía, 36660 Moraña

Está pasando!