'Macbeth' de Teatro del Norte en Cangas

ven19xan20:00'Macbeth' de Teatro del Norte en CangasDirixida por Etelvino Vazquez20:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

O encontro do Teatro del Norte con Shakespeare era inevitable e tiña que chegar máis pronto ou mais tarde. E finalmente chegou.

O Teatro del Norte, desde a madurez que dá 38 anos de existencia como Grupo de Teatro, enfróntase neste 2023 ao seu primeiro Shakespeare: “Macbeth”. Un espectáculo que vai propoñer unha lectura de “ Macbeth” desde Lady Macbeth, desde a visión dunha muller. Unha muller que é a que ansia o poder, a que o busca, a que ten caracteres masculinos, fronte a un marido dominado polo medo, a debilidade, e polos seus caracteres femininos.

Esa lectura do Macbeth de Shakespeare por Lady Macbeth mostraranos aspectos diferentes, e talvez ocultos, do “Macbeth” orixinal.

A procura do oculto é o noso reto, tanto na dirección como na actuación. Un Macbeth covarde dominado por completo pola súa esposa, un mundo onde o protagonismo non está no home (o macho) senón na muller.

Ao Teatro del Norte custoulle 38 anos chegar á cima desta montaña que chamamos Shakespeare, onde o ansia de poder, a corrupción e a violencia seguen mostrándonos un mundo igual ao noso.

  • Autor: Shakespeare.
  • Dramaturxia e dirección: Etelvino Vázquez
  • Interpretes: Sandra Fergadi, David Gonzalez, Enrique Dueñas e Etelvino Vazquez
  • Espazo escénico: Carlos Lorenzo
  • Vestiario: Manuela Caso
  • Espazo sonoro: Alberto Rionda, Michael Cohen, Verdi e Arbo Pärt
  • Deseño de luz: Ruben Alvarez e Pablo Carbajal
  • Cartaz e programas: Sandra Fergadi e Pablo Carbajal
  • Maquillaxe e perruquería: Gloria Romero
  • Video: La Huella
  • Fotografía: Rafa Pérez
  • Produción: Teatro del Norte

Entradas anticipadas á venda dende 5 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!