‘Maniquíes creativos’, exposición de Mª Luisa de Santiago ‘Cocó’ en Marín

mar14novConsultarven01dec‘Maniquíes creativos’, exposición de Mª Luisa de Santiago ‘Cocó’ en MarínAteneo Santa Cecilia de Marín(Consultar) Ateneo Santa Cecilia - Marín

Detalles do Evento

Ateneo Santa Cecilia vai contar cunha exposición moi orixinal da man de María Luisa de Santiago ‘Cocó’, chamada “Maniquíes creativos”. Nela poderemos ver unha mostra de maniquíes e bustos decorados e pintados con distintas técnicas artísticas.

María Luisa de Santiago, máis coñecida como ‘Cocó’ xa expuxera anteriormente e impartira clases de manualidades no Ateneo Santa Cecilia. Comezou a súa andadura de experimentar artisticamente cos maniquíes a raíz dunha amizade.

A inauguración terá lugar o martes, 14 de novembro ás 20:00 da tarde no local do Ateneo e poderá visitarse ata o 1 de decembro.


Hora

Novembro 14 (Martes) - Decembro 1 (Venres)

Localización

Ateneo Santa Cecilia

Rúa do Forno, 42 Baixo 36900 Marín

Está pasando!