Mercado Creativo no Mercado de Abastos de Pontevedra

sáb08nov11:00sáb15:00Mercado Creativo no Mercado de Abastos de PontevedraPontevedra Capital Gastro11:00 - 15:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Mercado Creativo é unha actividade de apoio a proxectos innovadores en hostalería e restauración, industrias creativas e pequenos emprendementos no Mercado de Abastos de Pontevedra.

Unha feira mensual para dar visibilidade ao talento artístico local (artesanía, moda, pintura, deseño…). O estilo da Sétima Feira na sua pura esencia, que se celebrará, fundamentalmente, o segundo sábado de cada mes en 10 ocasións:

11 de outubro, 8 de novembro, 22 de novembro, 31 de xaneiro, 14 e 28 de febreiro, 14 e 28 de marzo, 11 e 25 de abril, en horario de 11:00 a 15:00 horas.

Cada xornada contará con expositores, actividades paralelas e propostas culturais que farán do mercado un referente da creatividade pontevedresa, incluíndo un concerto de bandas locais para gozar dun vermú nun equipamento histórico e vivo da cidade que se estenderá até as 15.00 horas.

Para participar do Mercado Creativo, o Concello de Pontevedra convoca a artistas, deseñadoras e deseñadores con interese en formar parte das próximas edicións.

As inscricións están xa abertas de balde a través do formulario dispoñible na web municipal, no apartado Apúntate, e cómpre facelo canto antes porque as prazas son limitadas.

Ademais, complementarase con actividades para crianzas para garantir o ocio en todos os tramos de idade como é o caso do xa exitoso Ganapán, que se celebra os sábados pola mañá e que abre as inscricións cada mércores.

Hora

(Sábado) 11:00 - 15:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!