Mercado das Flores en Vilagarcía | Concello de Vilagarcía

This is a repeating event

Mercado das Flores en Vilagarcía

mér29out09:00Mercado das Flores en Vilagarcíado 29 de outubro ao 1 de novembro de 202509:00 Praza de Abastos de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A nova edición do Mercado das Flores de Vilagarcía desenvolverase do 29 de outubro ao 1 de novembro no emprazamento habitual, é dicir, na rúa García Caamaño, xusto detrás do recinto municipal.

Haberá seis postos de venta, sendo un deles o de “Colleita Propia”, é dicir, persoas que non teñen posto na Praza de Abastos de Vilagarcía e que venden o que cultivan nas súas hortas ese día.

O horario de atención ao público será de 09:00 a 20:00 horas durante toda a semana. O sábado 1 de novembro, festivo de Todos os Santos, só abrirán en horario matinal, de 09:00 a 14:00 horas.

As vendedoras estarán distribuídas baixo unha única carpa. Alí despacharán ramos, flores soltas, centros e incluso encargas, xa que contan con tal volume de ventas que é habitual que moitas persoas interesadas se adianten e xestionen o seu pedido previamente.

A Concellería de Promoción Económica e Mercados promove a celebración do Mercado das Flores en cuxa organización colaboran as propias floristas que acoden ao Mercado de Vilagarcía.

As vendedoras asumen o aluguer da carpa e a vixilancia da mesma, mentres que o Concello de Vilagarcía colabora co resto de loxística: a instalación das conexións eléctricas, a colocación das bancadas de exposición, a elaboración e impresión de carteis e a difusión do evento.

Con esta iniciativa búscase dinamizar a actividade comercial deste sector na época de vendas máis importante do ano, así como facilitar as compras dos clientes.

Hora

(Mércores) 09:00

Localización

Praza de Abastos de Vilagarcía

Rúa Alexandre Bóveda, 5 - 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!