'Merenda con pan de millo' en Tui

dom11dec17:30dom23:50'Merenda con pan de millo' en Tui'tornar ás taboas'17:30 - 23:50 Concello de Tui - Tui

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’, organizado pola Deputación de Pontevedra, o domingo 11 de decembro ás 17:30 horas, o Centro Cultural San Fíns de Rebordáns acollerá a posta en escena de ‘Merenda con pan de millo’, a cargo de Migallas Teatro.

‘Merenda con pan de millo’ é un espectáculo de pequeno formato (máximo 150 persoas) baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.

Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: ‘Pinocho’, ‘Pan de millo’, ‘O piollo e a pulga’, ‘Unha vella tiña un can’, ‘Que cousa, cousiña é?’ e ‘Miña Abuela Manuela’. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.



‘TORNAS ÁS TABOAS’

‘Tornar ás táboas’ nacía en 2021 como algo máis que unha programación cultural, como unha declaración de vontade e ánimo para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios de auditorios, teatros e centros culturais da provincia; era unha chamada á volta ao lugar de orixe e ao traballo, aos espazos de lecer e emoción, un cambio de dirección e mentalidade tras esta longa temporada de incerteza, dentro desa guía de aviventar a cultura que encabeza todas as propostas este ano, cunha firme intención no seu propio significado de coidado e protección de todo o que vaia acontecer no seu interior.

Este 2022 o programa crece e amplía o seu orzamento, aumenta funcións e consolida a súa aposta por apoiar as nosas compañías, garantindo o acceso á programación cultural en cada recuncho da provincia. Pretendemos que o noso territorio goce do teatro e reactive os seus auditorios e salas, que despois do baleiro provocado pola pandemia están a vivir un retorno dos sorrisos, das emocións e do goce coa cultura.

Para iso ofrecemos e abrimos este programa a todos os concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes e contamos coas compañías profesionais da provincia para ofertar o mellor teatro en todo o territorio.

Así, esta segunda edición de ‘Tornar ás táboas’ levará 47 espectáculos á escena este outono, para desenvolver o seu calendario entre o 23 de setembro, e comezar con Malasombra en Rodeiro e pechar a temporada o 18 de decembro en Caldas de Reis con Tanxarina Títeres, ademais de integrar no percorrido unha función moi especial para a rapazada do Centro Príncipe Felipe o 29 de setembro, con Xarope Tulú.


Hora

(Domingo) 17:30 - 23:50

Localización

Concello de Tui

Está pasando!