‘Merenda con pan de millo’ | Migallas Teatro

'Merenda con pan de millo' en Vigo

mar03feb12:00mar13:00'Merenda con pan de millo' en VigoMigallas Teatro12:00 - 13:00 Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

O martes 3, de febreiro, Migallas Teatro levará o seu espectáculo ‘Merenda con pan de millo’ ata o CPR Plurilingüe Amor de Dios.

‘Merenda con pan de millo’ é un espectáculo baseado no Libro-disco ‘Pan de millo’. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

Os temas musicais que se interpretan son: ‘Pinocho’, ‘Pan de millo’, ‘O piollo e a pulga’, ‘Unha vella tiña un can’, ‘Que cousa, cousiña é?’ e ‘Miña Abuela Manuela’.

A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.

Espectáculo dirixido ao alumnado e ao profesorado do CPR Plurilingüe Amor de Dios.

Hora

(Martes) 12:00 - 13:00

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!