'Mímesis' de Ziz Zag Danza en Vigo

dom01out17:00'Mímesis' de Ziz Zag Danza en VigoXXI Circuito de la Red de Teatros Alternativos17:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O domingo 1 de outubro en dobre función (17:00 e 18:30 horas) e dentro do XXI CIRCUITO DE LA RED DE TEATROS ALTERNATIVOS, a Sala Ártika de Vigo, acolle o espectáculo para público familiar ‘Mímesis’, de Ziz Zag Danza.

Sinopse:

Unha experiencia artística para os bebés e as súas familias…

‘Mimesis’ é un espectáculo de danza que se constrúe coma un ritual iniciático á vida. Nel a música, a luz e o movemento atenden ao proceso cognitivo dos máis pequenos. É unha coidada produción internacional realizada entre España e Alemaña, que parte dunha idea: a imitación como vía de relación co mundo. Aprendemos porque repetimos aquilo que vemos.

O público acomódase 360 grados arredor da acción nun espazo voluble que invita á atención e o descubrimento…

  • Data: Domingo 1 de outubro
  • Hora: 17:00 e 18:30 horas
  • Duración: 35 min
  • Idade recomendada: de 0 a 3 anos
  • Prezo: As entradas teñen un prezo de 10 euros (billeteira) ou 8 euros + gastos de xestión (anticipadas)




XXI CIRCUITO DE LA RED DE TEATROS ALTERNATIVOS

A Sala Ártika retoma a programación o domingo 24 de setembro co XXI Circuito de la Red de Teatros alternativos.

O obxetivo do Circuito é “facilitar a xira fora da súa rexión de orixe a compañías” entre as 54 salas asociadas á Red de Teatros Alternativos en todo o país sendo a Sala Ártika o único espacio en Galicia en acoller estas propostas.

O Circuito da Red conta co apoio, mediante convenio, do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) e o programa Next-Generation UE.

Este festival componse dos espectáculos:

  • ‘Bianco’ de Labú Teatre (Cataluña). Domingo 24 de setembro ás 12:00 e ás 18:00 horas. Espectáculo para publico familiar (+6 anos).
  • ‘Ellos y yo o esa sensación de que los árboles te miran’ da compañía Jordi Font (Cataluña). Venres 29 e sábado 30 de setembro ás 20:00 horas. Espectáculo para público adulto.
  • ‘Mímesis’ de Zig Zag Danza (Asturias). Domingo 1 de outubro ás 17:00 e 18:30 horas. Público infantil (de 0 a 3 anos).


Hora

(Domingo) 17:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!