'Mirade arriba', espectáculo con drons en Sanxenxo

xov24xul22:30'Mirade arriba', espectáculo con drons en Sanxenxo40 aniversario da tvg22:30 Praza do Mar - Sanxenxo

Detalles do Evento

Televisión de Galicia celebrará o seu 40 aniversario cun espectáculo aéreo inédito con máis de 200 drons, deseñado e executado por Flock Drone Art Studio, que despegarán desde a Praza do Mar e percorrerán o ceo sobre a Praia de Silgar.

Un evento único que se emitirá o próximo 24 de xullo, a partir das 22:30 horas, en directo desde Sanxenxo dentro do programa especial “Mirade arriba”, programa producido por Setemedia.

Presentado por David Espiño e Rocío Delgado, o programa contará cun set instalado en plena praia, rodeado de veciños, turistas, convidados e rostros coñecidos da TVG. Alí vivirase por primeira vez en Galicia unha coreografía de drons a gran escala, que transformará o ceo nunha pantalla tridimensional para render homenaxe a catro décadas de historia audiovisual galega.

Este innovador show, creado por Flock Drone Art Studio, será unha homenaxe ao grande aos 40 anos de Televisión de Galicia. Un show exclusivamente creado para a ocasión que non vai deixar indiferente a ninguén.

A emisión deste programa especial precederá aos tradicionais Lumes do Apóstolo en Santiago, con conexións en directo coa capital galega. Ademais, o programa incluirá material de arquivo exclusivo que percorre a evolución, así como reportaxes e entrevistas sobre festas emblemáticas.

Flock Drone Art Studio é un referente no sector dos espectáculos con drons a nivel nacional e internacional. Especializados na creación de experiencias artísticas e tecnolóxicas únicas no ceo, o equipo de Flock levou os seus shows a eventos culturais, festivais, celebracións institucionais e marcas en toda Europa.

Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Praza do Mar

Porto Deportivo Juán Carlos I, Sanxenxo

Está pasando!