Mostra ‘A camelia, flor das galegas e dos galegos’ | © Deputación de Pontevedra

Mostra ‘A camelia, flor das galegas e dos galegos’ en Pontevedra

mér07febConsultarsáb17febMostra ‘A camelia, flor das galegas e dos galegos’ en Pontevedraexposición itinerante(Consultar) Praza de Santa María - Pontevedra

Detalles do Evento

A praza de Santa María acolle durante dez días a mostra ‘A camelia, flor das galegas e dos galegos‘, impulsada pola Sociedade Española da Camelia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Concello de Pontevedra e a International Camellia Society.

Trátase dunha exposición itinerante que percorrerá os concellos da provincia de Pontevedra nos que se organizan mostras sobre a camelia para achegarlle a toda a cidadanía información sobre esta flor, desde a súa historia ata os seus coidados; a economía que xira arredor dela; a súa relación coas artes, coa gastronomía ou coa moda; os produtos da camelia; ou a ruta que se pode realizar pola nosa xeografía arredor desta flor.



‘A camelia, flor das galegas e dos galegos’ conta con 14 tótems nos que se recollen os segredos e as curiosidades desta flor a través dun percorrido ao aire libre ameno e visualmente atractivo.

Os paneis presentan información sobre a historia e as variedades de camelia; os xardíns destacados desta flor en Galicia; os nomes das camelias; os seus coidados, a economía desta flor e os seus derivados; a aplicación da camelia na gastronomía tanto a través do aceite coma de marmeladas, vermú ou galletas; e a relación da flor coas artes e coas figuras destacadas relacionadas coa camelia, con fotografías de persoas de diferentes ámbitos que teñen relación coa flor.

Hora

febreiro 7 (Mércores) - 17 (Sábado)

Localización

Praza de Santa María

Praza de Santa María, s/n - 36071 Pontevedra

Está pasando!