'Mulleres de Palabra(s)' do Ateneo Provincial pola Igualdade

ven21marConsultarlun13out'Mulleres de Palabra(s)' do Ateneo Provincial pola IgualdadeDe marzo a outubro de 2025(Consultar) Deputación de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Trátase dunha programación do Ateneo Provincial pola Igualdade da Deputación de Pontevedra na que as protagonistas serán as escritoras e as palabras a través das que contan o mundo con perspectiva de xénero.

Durante seis meses reivindicaremos a palabra das escritoras do pasado e escoitaremos quince escritoras actuais da nosa provincia.

A programación do proxecto contará con tres obradoiros de lectura a través da poesía, da narrativa e do bordado de palabras.

Inscricións en [email protected]

ACTIVIDADES:

Venres 21 de marzo, ás 20 h, en Vigo, na sede da Deputación. Día da Poesía: “Unha provincia de poetas”, con Tamara Andrés, Oriana Méndez, Silvia Penas e Marta Dacosta.

  • Formato: recital e conversa 

Martes 22 de abril, ás 20 h, na Guarda: “As novas voces literarias da provincia”, con Guada Guerra, Lara Dopazo e Andrea Fernández Plata.

  • Formato: lecturas e conversa 

Mércores 21 de maio, ás 20 h, en Sanxenxo: “Escribir para as máis novas”, con Ledicia Costas, Fina Casalderrey e Eva Mejuto.

  • Formato: lecturas e conversa

Mes de xuño, en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, obradoiro para ler narrativa O Persoal É Literatura. O Uso da Primeira Persoa na Escritura das Mulleres, con Diana López Varela.

  • Durante catro sesións semanais, o obxectivo será identificar os primeiros textos literarios escritos por mulleres, os retos aos que se enfrontaron para publicar e como pasaron á historia, así como distinguir e valorar as representacións da feminidade nos textos escritos por mulleres e recoñecer as autoras máis relevantes que reivindicaron o uso da primeira persoa.
  • Duración: 4 sesións semanais
  • Prazas: 20
  • Máis información

Mes de xuño, na Lama, Obradoiro de Bordado de Palabras con Maritza Berttolini.

  • Este será un espazo no que explorar e descubrir o bordado como unha ferramenta narrativa para reinterpretar a palabra escrita a través deste. Proporemos un exercicio de representación a través do fotobordado e da composición téxtil para reflexionar sobre a identidade e a importancia de mulleres destacadas e/ou elixidas para o obradoiro.
  • Duración: 2 sesións
  • Prazas: 17

Setembro, en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, Obradoiro para Ler Poesía, con Apiario, Dores Tembrás e Antía Otero.

  • Este será un lugar de encontro coa poesía e unha aproximación ao xénero para quen queira iniciarse ou atopar novas lecturas de autoras clásicas e contemporáneas. Así, colocarémonos do lado do poema e das poetas para ler e desler durante catro encontros semanais.
  • Duración: 4 sesións semanais
  • Prazas: 20

Luns 13 de outubro, ás 20 h, en Pontevedra, no Pazo provincial. Día das Escritoras: “Mulleres de palabra(s)”, con Arantza Portabales, Susana Fortes e María Oruña.

  • Formato: lecturas e conversa

Hora

Marzo 21 (Venres) - Outubro 13 (Luns)

Localización

Deputación de Pontevedra

Pontevedra

Está pasando!