Musical 'La Vaca Lola y sus amigos' en Mos

ven27dec17:00Musical 'La Vaca Lola y sus amigos' en Mosas mellores cancións populares de tódolos tempos17:00 Auditorio do Centro Dotacional de Torroso - Mos

Detalles do Evento

Lola, a vaca máis famosa do mundo, chega coa súa obra de teatro musical, xunto aos seus enxeñosos e divertidos amigos, que a través da música e a danza ensinarán aos pequenos e maiores a valorar a importancia da alimentación, o respecto pola natureza e o verdadeiro significado da amizade.

La Vaca Lola converteuse na artista infantil do momento, situándose como unha das personaxes con máis visualizacións en YouTube, alcanzando máis de mil millóns de visitas.



Este espectáculo de teatro-musical interactivo é un espazo familiar de diversión e pedagoxía que proporcionará unha experiencia inmersiva no universo de ‘La Vaca Lola y sus amigos’, a través dunha gran aposta no escenario a través das mellores cancións populares de todos os tempos.

Entradas anticipadas á venda dende 14,60 euros en Ataquilla.com. Menores de 12 meses non pagan entrada.

Hora

(Venres) 17:00

Localización

Auditorio do Centro Dotacional de Torroso

Ctra. Puxeiros-Mos, 183 - Torroso - 36417 - Mos

Está pasando!