This is a repeating event

Nadal Marín 2025

mar09decConsultarNadal Marín 2025Unhas festas para compartir(Consultar: martes) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

Marín presenta unha completísima programación de Nadal pensada con agarimo, para gozar da compañía dos nosos seres queridos, que terá o seu pistoletazo de saída o venres, 5 de decembro, ás 18.00 horas, coa inauguración da Alameda do Nadal, o Tren e o Carrusel de Estrela de Marín, así como coa Mostra de Artesanía de Galicia.

Ás 18.30 horas, chegará o momento de acender o alumeado de Nadal, no que estaremos acompañados pola Batucada Axé Bahía. Ao rematar, servirase a tradicional chocolatada.

Repetirase a aposta pola Gran Carpa de Engado Marín Infantil e Xuvenil do Parque Eguren, que abrirán o 19 de decembro, pero que xa antes ofrecerán unha actividade imperdible para a mocidade: o Marín Gaming, que arrancará xa a fin de semana da ponte, os días 6 e 7 de decembro.

As Ludoxornadas, os concertos da Banda de Música e a Unidade de Música da Escola Naval Militar, os mercadiños de Nadal, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, a propia Cabalgata, bailes de Fin de Ano e Aninovo… son algunhas das propostas que completan unha programación que xa se pode consultar na súa integridade na web de Nadal Marín.

A programación do Nadal Marín 2025 é a seguinte:

VENRES, 5 DE DECEMBRO 

  • 18:00h. Inauguración do Nadal na Alameda:

    • ALAMEDA DO NADAL
    • TREN DE NADAL:

      • Do 5 ao 8, do 12 ao 14 e do 19 de decembro ao 04 de xaneiro
      • Horario: 11.45-13.30 e 17.15 a 21h

    • CARRUSEL DE NADAL, organiza Estrela de Marín (Ata 7 de xaneiro).
    • Mostra de ARTESANÍA DE GALICIA (Ata 15 de decembro).

  • 18:30h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL da man da Batucada Axé Bahía. A continuación chocolatada popular. Alameda.

SÁBADO, 6 DE DECEMBRO 

  • 12:00-21:00h. V MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.
  • 19:00h. CONCERTO SOLIDARIO en favor do CEDDD Galicia, co Cuarteto Jaime Vilas, Grupo Loureiro Verde e Lirolúa. Organiza: O Priorato de Apolo. Biblioteca.

VENRES, 5 DE DECEMBRO 

  • 12-20h. V MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.
  • 18:00h. Pasarrúas de Nadal BANDA DE MÚSICA DE MARÍN.

MARTES, 9 DE DECEMBRO 

  • Comezo das RUTAS DO TREN DE NADAL nos centros escolares de infantil e primaria de Marín.

VENRES, 12 DE DECEMBRO

  • 17:00-21:00h. LUDOXORNADAS: Xogos de mesa. Museo Torres.
  • 19:00h. Concerto de Nadal da UNIDADE DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR. Multiusos.

SÁBADO, 13 DE DECEMBRO

  • 17:00-21:00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Carpa do Parque Eguren.
  • 18:00h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Parque Eguren.

DOMINGO, 14 DE DECEMBRO 

  • 17:00-21:00h. LUDOXORNADAS: Xogos de mesa. Museo Torres.

MARTES, 16 DE DECEMBRO

  • 18:00h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN. Alameda (Ata o 5 de xaneiro).

 VENRES, 19 DE DECEMBRO 

  • 17:30h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL e XUVENIL. Parque Eguren (Ata o 06 de xaneiro). Horario:

    • ZONA INFANTIL: de 11:30 a 13:30h e de 17:00 a 21:00h
    • ZONA XUVENIL: de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 22:00h

  • 18:00h. Festival de Nadal da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Biblioteca.
  • 19:00h. Entrega de premios do CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL. Organiza: Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.

SÁBADO, 20 DE DECEMBRO 

  • 17:00h. V GALA BENÉFICA “Haz Realidad su ilusión” de Botondeancla. Auditorio/Salón de Actos Pavillón Illa de Tambo.
  • 17:00h. Actividade de DINAMIZACIÓN COMERCIAL co espectáculo “ROMERÍA”, a cargo de Raquel Queizás. Organiza: Asoc. de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. Centro Comercial Morrazo.

DOMINGO, 21 DE DECEMBRO

  • 12:00h. PAPANOELADA MOTEIRA. Percorrido: saída da Praza de España, Vial de praias, Seixo, Castro, José del Río, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Lameira,… finalizando na Alameda. Organiza: Galicia Solidarios.

LUNS, 22 DE DECEMBRO

  • 17:30h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Prazas de Marín.

MARTES, 23 DE DECEMBRO

  • 19:00h. Actuación de maxia “Imposibles ou improbables”, do MAGO JORGE LORENZO. Organiza: Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.

MÉRCORES, 24 DE DECEMBRO

  • 11:00h. Pasarrúas CANTAREIRAS E GAITEIRO MODERNO. Praza de Abastos.
  • 17:00h. Visita de PAPÁ NOEL ás rúas de Seixo e á Praza de Abastos da parroquia. Organiza: ACEMAS e Concello de Marín.
  • 17:30-20:00h. Recepción de PAPÁ NOEL con animación musical e obradoiros. Alameda.

VENRES, 26 DE DECEMBRO

  • 12:00h. Títeres e contacontos con TARABELOS, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo.

SÁBADO, 27 DE DECEMBRO

  • 19:00h. TEATRO VERBAS, organiza Asociación Kalos. Multiusos.
  • 20:30h. Concerto de Nadal das CORAIS Thalassa, Centro Sociocomunitario e Lembranzas de Marín. Igrexa Santa María do Porto.

DOMINGO, 28 DE DECEMBRO

  • 13:00h. Panxoliñas a cargo de MÁIS CANTOS. Rúas de Marín.
  • 19:00h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN, organiza Asociación Kalos. Multiusos.

LUNS, 29 DE DECEMBRO

  • 12:00h. Maxia e diversión con POPÍN PALOMERO, organiza ACEMAS. Casa Cultura de Seixo.
  • 12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.

MARTES, 30 DE DECEMBRO

  • 12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
  • 17:00h. Simultáneas e partidas relámpago do CLUB XADREZ MARÍN. Para todas as idades. Carpa do Parque Eguren.

MÉRCORES, 31 DE DECEMBRO

  • 11:45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal. Alameda.
  • 01:00h. BAILE DE FIN DE ANO, coa Orquesta Galia e Dj Peque. Organiza: Botondeancla e Concello de Marín. Multiusos.

XOVES, 1 DE XANEIRO

  • 19:00h. BAILE DE ANINOVO, co Grupo BLPop e Dj Peque. Organiza: Botondeancla e Concello de Marín. Multiusos.

VENRES, 2 DE XANEIRO

  • 12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.

SÁBADO, 3 DE XANEIRO

  • 11:00h. RANCHO DE REIS coa Asociación Pousos da Area polas rúas de Marín.
  • 17:30h. CINE DE NADAL, entrada libre ata completar aforo. Organiza: ACEMAS.
  • 18:00h. Pasarrúas da Rondalla NOSA MERCED DE CHAÍN (Gondomar).

LUNS, 5 DE XANEIRO

  • 18:00h. Saúda das SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE desde o balcón do Concello.
  • 18:30h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual, acompañada por Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Charanga Amigos Dos Rapaces, Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé e Batucada Rebumbio.
  • Ao rematar, BELÉN VIVINTE, organizado pola Asoc. Os da Caña e o Concello de Marín. Igrexa de Santa María do Porto.
  • 20:00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda.

Este programa poderá experimentar modificacións por causas meteorolóxicas.

Hora

Consultar (Martes)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!