This is a repeating event

Noites Abertas 2025 en Pontevedra

ven31xanConsultarNoites Abertas 2025 en Pontevedraampla oferta de ocio alternativo, participativo e inclusivo(Consultar: venres) Distintos espazos do Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A 26º edición do programa Noites Abertas oferta de 107 actividades diferentes que se desenvolverán en 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo.

Cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía, obradoiros creativos son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.

Aos espazos habituais como o Froebel, o Local de Música, a Casa Azul ou os campos de herba sintética; sumaranse nesta edición o Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio de San Amaro.

Como novidade é por primeira vez nos últimos anos, o programa estará destinado exclusivamente a mocidade entre os 12 e os 30 anos.

Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Distintos espazos do Concello de Pontevedra

Está pasando!