This is a repeating event

Noites Abertas 2026 en Pontevedra

ven30xanConsultarNoites Abertas 2026 en Pontevedraprograma de lecer nocturno para mocidade entre 12 e 30 anos(Consultar: venres) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A 27ª edición do programa Noites Abertas abarca 15 xornadas en 8 espazos diferentes. Serán 8 fins de semana entre o 30 de xaneiro e o 28 de marzo nas que vai haber ata 157 sesións de 98 actividades diferentes.

Actividades de cociña, deportivas, manualidades, artísticas, lúdicas, de todo tipo: desde caligrafía árabe a debuxo con bolígrafo, aromaterapia a xogos coas linguas, teatro, meditación, tenis de mesa, imos vestirnos de músicas e músicos do K-pop, etc. son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.

Todas as actividades son completamente de balde para mocidade entre 12 e 30 anos.

Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!