Noites Abertas 2024 en Pontevedra

ven26xanConsultarsáb23marNoites Abertas 2024 en PontevedraActividades de balde para a xuventude pontevedresa de 12 a 30 anos (Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Un cuarto de século despois, Noites Abertas inicia unha nova edición como un dos programas máis lonxevos, queridos e agardados dentro da programación anual do Concello de Pontevedra. As súas propostas mimetízanse xa coa propia paisaxe pontevedresa, logo de anos medrando, evolucionando e ocupando novos e variados espazos.

Noites Abertas continúa a ser ese programa destinado para a mocidade con actividades de todo tipo e de toda clase, onde case todo o mundo atopará algo que lle resulte chamativo, o díficil é destacar unha ou dúas actividades dentro dun programa tan grande e variado, e que se pode consultar na web oficial https://noitesabertas.gal/.


Cartaz de ‘Noites Abertas’ 2024 obra de Belén Diz

En palabras do edil de Xuventude do Concello de Pontevedra, «realmente o que queremos ofertar é unha festa, ir aos espazos, ver que hai e participar de calquera proposta», indicou. «Non hai que saber nada, non hai que incribirse, non hai que ter medo. Só ir a un sitio e gozar do que se oferta. Hai cociña, hai deporte, hai de socialización, hai de xogos, hai música…».

Demetrio Gómez si quixo subliñar a importancia de contar cun espazo como é o ‘Espazo aberto’ onde calquera rapaz ou rapaza pode acudir sen maior pretensión que coñecer xente, socializar e pasar un anaco acompañado doutras persoas que non buscan unha actividade guiada, senón pasar un anaco en compañía.

Dentro das actividades deste ano, cómpre destacar como novidade ‘A máquina do tempo’, unha proposta singular que rescatará actividades do pasado, que hoxe poden non ter moito sentido ou semellar desfasadas polo paso dos anos. Non se poderá saber que actividade ou proposta aparecera na nomeada máquina, mais, por poñer un exemplo, hai 25 anos unha das actividades estrela de ‘Noites Abertas’ era ‘Iniciación a Internet’. Xa choveu!

Hora

Xaneiro 26 (Venres) - Marzo 23 (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!