Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra

mar12decConsultardom17decNovos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra8ª edición | Do 12 ao 17 de decembro de 2023(Consultar) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas, presentou a programación da súa oitava edición, un certame que se vai celebrar entre os días 12 e 17 de decembro e que proxectará 39 filmes, dos que 13 participarán nas dúas seccións competitivas, Oficial e Latexos. Cinco das películas vivirán a súa estrea en España, seis en Galicia e unha terá a súa presentación internacional.

Conviven nesta sección filmes de adolescentes e o thriller socio-económico, con visións dunha xuventude que anda na procura dunha estabilidade emocional máis aló do socialmente establecido, ou mesmo con retratos de comunidades migrantes que aspiran a integrarse e prosperar na sociedade occidental e narracións que profundan nos imaxinarios da paixón.

Terán a súa estrea en España as francesas ‘Le coueur du masturbateur’, de Michael Salermo, e ‘Peter Pan’, de Natacha Samuel & Florent Klockenbring; a arxentina ‘Cambio, cambio’, de Lautaro García Candela; a xaponesa ‘There is a stone’, de Tatsunari Ota; e a estadounidense ‘An evening song’ (for three voices), de Graham Swon.

Será a estrea en Galicia para ‘Concrete Valley’, de Antoine Bourges; ‘The bride’, da ruandesa Myrian U. Bariba; a arxentina ‘Clara se pierde en el bosque’, de Camila Fabbri; e a sueca ‘The wild duck’, de Nadja Ericsson.

A sección Latexos, un espazo que reúne aquelas propostas que quedaron fóra dos circuítos, amosará dende documentais sobre comunidades europeas ata propostas de ficción con itinerarios emocionais. Proxectaranse ‘Abril, verde, amarillo’, de Santiago Aulicino (estrea internacional); ‘Las tierras del cielo’, de Pablo García Canga; ‘Antier Noche’, de Alberto Marín Meaño (estrea en Galicia) e ‘Zimmerland’, de Valeria Stucki (estrea en España).

Todas as persoas interesadas en asistir ao festival poden comprar seus abonos a través da páxina web do festival www.novoscinemas.com


Para esta 8ª edición, desde o festival apostan pola volta ás orixes, por xogar coa idea do baleiro e da imaxe por encher, confrontando ao público co entorno.

Presentan un cartel que xoga cos límites do encadre e establece un diálogo entre os elementos incluídos na composición e aqueles que, deliberadamente, se deixan fóra.

Hora

decembro 12 (Martes) - 17 (Domingo)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!