'O cuco' con Marcelo Dobode e Bea Martínez en Pontevedra

sáb06mai12:00sáb23:50'O cuco' con Marcelo Dobode e Bea Martínez en PontevedraXXIV salón do libro de Pontevedra12:00 - 23:50 A Cova dos Libros Fantásticos - Pontevedra

Detalles do Evento

Das cabeciñas de Marcelo Dobode e Bea Martínez, e das súas experiencias no mundo da educación musical dirixida á infancia, nace este obradoiro-espectáculo no que a cativada e as persoas maiores aprenden, gozan e descobren o mundo das percusións e da arpa neste fermosísimo proxecto musical.

O cuco busca alimentar e desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro e resulta fundamental para facer medrar a nosa capacidade neuronal, axudando á psicomotricidade e á coordinación.

Utilizaremos bailes, cantos e arrolos para que experimenten as sensacións, vibracións e movementos que se producen ao cantar e bailar, desenvolvendo a capacidade expresiva e creativa.

Todos os asistentes a este evento deben adquirir entrada independentemente da idade que teñan. Soamente unha persoa adulta por bebé.

Dobre función, ás 12:00 e 17:30 horas.

Entradas anticipadas á venda desde 3 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 12:00 - 23:50

Localización

A Cova dos Libros Fantásticos

Biblioteca de Pazo da Cultura - Rúa de Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!