'O cuco, veu por acá e marchou por alá', con Percubebés en Pontevedra

mér23out17:30'O cuco, veu por acá e marchou por alá', con Percubebés en Pontevedraapego no outono 202417:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘O cuco, veu por acá e marchou por alá’ é á vez un espectáculo musical e un obradoiro de percusión para o público bebé e as súas familias. Nesta proposta interveñen Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous artistas moi familiarizados coa educación musical na primeira infancia.

Durante o obradoiro as familias aprenden, participan e adquiren ferramentas para a execución musical, á vez que descobren pequenas cantigas infantís. As familias participantes teñen ao seu dispor numerosos instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, maracas…

Esta actividade, orientada a familias con crianzas de 0 a 3 anos, celebrarase o mércores 23 de outubro, en dúas sesións, de 17.30 a 18.15 horas e de 18:30 a 19:15 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O acceso é de balde, mais require inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Está pasando!