mel

'O mel non caduca' en Poio

ven04nov21:00'O mel non caduca' en PoioIbuprofeno Teatro21:00 Centro Cultural Xaime Illa - Poio

Detalles do Evento

Enmarcado na programación da Axenda Cultural de Outono, e a través do programa ‘Tornar ás taboas’ da Deputación de Pontevedra, o venres 4 de novembro ás 21:00 horas, o Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó) acolle a posta en escena da obra ‘O mel non caduca’, de Ibuprofeno Teatro.

Marián Bañobre e Avelino González dan vida a este texto de Santiago Cortegoso, nun espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Entrada libre ata completar aforo.


‘O mel non caduca’ | © Diego Seixo, 2020

Axenda Cultural de Outono

Organizadas pola Concellaría de Cultura de Poio, todas as actividades serán de carácter gratuíto e se desenvolverán no Centro Xaime Illa Couto de Raxó e na Biblioteca de Campelo.

A Axenda Cultural de Outono ofrecerá iniciativas pensadas para persoas de todas as idades desde este mes de outubro e ata ben entrado decembro.

As proxeccións audiovisuais e o teatro serán dúas das grandes protagonistas desta variada oferta, na que tampouco faltarán citas nas que a música, a literatura e a ciencia tamén se converterán en atractivos para a veciñanza.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Cultural Xaime Illa

Rúa Igrexa, 21, 36992 Raxó, Poio

Está pasando!