This is a repeating event

Obradoiro familiar 'A arte da cerámica' en Vigo

sáb01xuñ11:30Obradoiro familiar 'A arte da cerámica' en Vigomuseo do mar de galicia11:30 Museo do Mar de Galicia - Vigo

Detalles do Evento

Unha actividade arqueolóxica para descubrir a arte da cerámica, os sábados do mes de xuño, no Museo do Mar de Vigo.

Dende cando existe? Que función tiñan? Son todas iguais? Buscaremos na exposición permanente do museo os restos arqueolóxicos deste material para descubrir non só a diversidade de formas senón tamén as decoracións. Para rematar, traballaremos na creación dun pote cerámico tal e como farían as personas que viviron no noso castro.

Obradoiro de 45 minutos de duración para maiores de 8 anos.

Imprescindible reserva previa no teléfono 986 247 750 e en info.museodomar@xunta.es

Hora

(Sábado) 11:30

Localización

Museo do Mar de Galicia

Avda. Atlántida, 160, 36208 Vigo

Está pasando!