Obradoiros de Verán no Museo de Pontevedra

mar01xulConsultarven29agoObradoiros de Verán no Museo de Pontevedradirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos(Consultar) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra volve ofrecer este verán obradoiros infantís no Museo de Pontevedra para as mañás dos meses de xullo e agosto, dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade.

Serán catro obradoiros, cada un deles en dúas quendas, nos que a rapazada se achegará de maneira lúdica e creativa ás propostas artísticas presentes na 32ª Bienal de Pontevedra, ademais de celebrar o centenario do nacemento de Cerámica Celta.

Do 1 de xullo ao 29 de agosto, cada semana un grupo de rapazas e rapaces participarán nunha das quendas dos catro obradoiros que se ofrecen. Todos son de balde, contan con 15 prazas e se desenvolverán de martes a venres entre as 11:00 e as 13:00 h.

A inscrición ábrese o martes 17 de xuño ás 10:00 h, e as prazas atribuiranse por orde de entrada da solicitude. Cada menor só se poderá inscribir nun obradoiro.

Estes son os obradoiros que se ofrecen:

Instalación Colectiva: unha Ollada ao Futuro

  • Do 1 ao 4 de xullo; do 8 ao 10 de xullo.
  • Neste obradoiro abordarase a instalación artística como medio de expresión de arte e traballo conxunto. A través do xogo e da experimentación, as e os cativos crearán un mural colectivo do futuro que imaxinamos, baixo as premisas de paz, esperanza e empatía, a partir das obras expostas na bienal de Pontevedra.
  • Actividade impartida por Alba Santa.

Campamento Feitiño da Paz

  • Do 15 ao 18 de xullo; do 22 ao 24 de xullo.
  • Obradoiro artístico e lúdico no que se explorarán formas creativas de resistir á violencia e construír a paz desde o tenro, o divertido e o colectivo. Ao longo dunha semana, o grupo imaxinará e daralle forma a unha “resistencia adorable” construíndo unha cidade de cartón, habitada por personaxes pacificadores, casas-refuxio, máquinas de empatía, flores heroicas e pancartas ilustradas.
  • Actividade impartida por Lili Algo.

Cerámica Celta

  • Do 29 de xullo ao 1 de agosto (de 6 a 9 anos); do 5 ao 8 de agosto (de 9 a 12 anos).
  • Asorey, Castelao, Maside, Carlos Sobrino, Acuña ou Bonome foron algúns dos artistas que participaron nos deseños da Cerámica Celta, dirixida por Ramón Diéguez Carlés. Este ano conmemoramos o centenario con este obradoiro no que as nenas e os nenos participantes modelarán, decorarán e colorearán súas propias pezas cerámicas.
  • Actividade impartida por Teresa Pece.

Crea a túa Arte a través da Bienal

  • Do 19 ao 22 de agosto; do 26 ao 29 de agosto.
  • Un obradoiro no que se trata de implicar as e os rapaces no mundo en que vivimos a través da bienal de Pontevedra. A partir das obras de Rosalind Nashashibi, Manuel Vilariño, Diana Larrea e Fritzia Irizar, as nenas e os nenos participantes desenvolverán a súa creatividade e o seu espírito crítico a través do debuxo, do traballo con refugallos e coa escritura.
  • Actividade impartida por Leucoíña Pasea.

Hora

Xullo 1 (Martes) - Agosto 29 (Venres)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!