PonteAndadas 2026 en Pontevedra

dom29marConsultardom29novPonteAndadas 2026 en PontevedraDo 29 de marzo ao 29 de novembro de 2026(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Concello de Pontevedra, en colaboración con Naturgaliza, presentou unha nova edición do programa PonteAndadas, unha iniciativa máis que consolidada que arrinca o domingo 29 de marzo.

Baixo o lema ‘Volta a Pontevedra’, o obxectivo das rutas é cubrir todo o perímetro do municipio, saíndo en ocasións dende o centro e percorrendo as diferentes parroquias para ofrecerlle unha nova dimensión ao programa e evitar a rutina.

No aspecto técnico, o calendario constará de oito rutas circulares, cunha distancia de entre 10 e 14 quilómetros. O deseño circular das andainas busca facilitar o aparcamento e a loxística dos asistentes, saíndo moitas delas dende prazas céntricas da cidade orientadas cara á parroquia de destino.

A primeira andaina terá lugar este domingo 29 de marzo cara á parroquia de Lourizán, no límite co Concello de Marín, un percorrido que ofrecerá grandes vistas panorámicas da ría e da cidade.

O calendario, que fará un parón durante os meses de verán, inclúe rutas por A Parda-Cabanas (10 de maio), Marcón (31 de maio), Mourente (14 de xuño), Bora-Lérez (20 de setembro), Xeve (18 de outubro) e Verducido (8 de novembro).

A última andaina celebrarase o 29 de novembro en Campañó, rozando o concello de Poio, e terá un carácter solidario, xa que os participantes poderán aportar produtos non perecedoiros para as campañas de Nadal.

Ademais da saúde e o patrimonio, Ponteandadas 2026 aposta forte polo coidado do medio ambiente. Cada andaina entregarase material aos participantes (luvas e bolsas) para practicar o plogging, permitindo a recollida de plásticos e lixo durante o percorrido para manter os montes limpos.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do xoves previo a cada ruta. A cota de participación é de 2 euros por andaina, que se poderán aboar mediante Bizum ou transferencia bancaria a Abanca.

As inscricións poden formalizarse a través do correo electrónico ponteandadas@gmail.com, do teléfono 625 482 636 ou de xeito presencial na tenda Naturcamiña, situada nas Galerías Peregrina, nº3.

A organización garante unha experiencia segura e completa, incluíndo en cada andaina servizos como coche escoba, avituallamento, seguro, atención sanitaria e un quecemento previo, que dependendo da ruta será con zumba ou marcha nórdica ás 9:30 horas.

Hora

Marzo 29 (Domingo) - Novembro 29 (Domingo)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!