PonteAndadas en Pontevedra

dom17nov09:30PonteAndadas en Pontevedraandainas para coñecer as parroquias pontevedresas09:30 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

PonteAndadas acada este 2024 a súa sétima edición. Andar é unha das ferramentas máis utilizadas á hora de exercitar o corpo, e os roteiros de PonteAndadas son xa unha serie de citas imprescindíbeis e máis que coñecidas entre todos os que gostan deste tipo de andainas.

A realidade é que máis de 1.400 persoas participaron o ano pasado nesta actividade, e a organización agarda con manter ou superar as cifras nesta edición. Organizadas por Naturgaliza en colaboración co Concello de Pontevedra, este 2024 haberá até oito saídas distintas, deseñadas con agarimo e co pensamento posto na súa accesibilidade case total.



As andainas inclúen un quecemento con zumba para todo aquel que o desexe, e como novidade este ano a organización facilitará aos participantes bolsas e luvas para recoller o lixo que atopen durante o percorrido, en caso de querer facelo.

Tal e como lembran desde a organización, todos os roteiros móvense entre os 10 e os 14 quilómetros, e é preciso realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico ponteandadas@gmail.com ou no teléfono 625 482 636, ademais de xeito presencial nas Galerías Peregrina, número 3. Este proceso ten un custo de 2 euros para pagar o seguro da actividade.

ANDAINAS PONTEANDADAS 2024

1 > Domingo 21 de abril. PonteAndada Primavera – Sto André de Xeve > 9:30 h Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. Paseo fluvial do río dos Fontans > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

2 > Domingo 12 de maio. PonteAndada Os tres ríos – Canicouva > 9:30 h Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. Igrexa de Sto. Estebo > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

3 > Domingo 16 de xuño. PonteAndada Salgueiral – Bora > 9:30 h Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. Local social do Salgueiral > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

4 > Domingo 30 de xuño. PonteAndada Montuna – Monte Carrasco > 9:30 h Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. Pavillón de Monte Carrasco > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

5 > Sábado 14 de setembro. PonteAndada Nocturna – Semi urbana > Saída 20 h desde a Alameda – Palco da música (con curso de iniciación á marcha nórdica) > Percorrido circular, dificultade baixa (unhas 2 horas)

6 > Domingo 20 de outubro. PonteAndada do Magosto – A Meán (Lérez) > 9:30 h Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. Pavillón Municipal de Deportes > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

7 > Domingo 17 de novembro. PonteAndada do cogomelo – Tafisa – Mourente > 9:30 h Charla sobre cogomelos > Saída ás 10 h. Tafisa > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3,5 horas)

8 > Domingo 15 de decembro. PonteAndada solidaria de inverno – Salcedo – San Brais > 9:30 h Quecemento con zumba > Saída ás 10 h. Pavillón de Cabanas > Con donación de produtos non perecedeiros para o Banco de Alimentos > Percorrido circular, dificultade media-baixa (unhas 3 horas)

Hora

(Domingo) 09:30

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!