'PontedeTapas' en Pontevedra

ven25nov00:00ven23:59'PontedeTapas' en PontevedraDo 24 de novembro ao 4 de decembro00:00 - 23:59 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A asociación de Hostaleiros de Pontevedra, HOEMPO, e a Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra, presentan a duodécimo primeira edición do evento gastronómico ‘PontedeTapas’, que se celebrará do 24 de novembro ao 4 de decembro.

Cúmprense tres anos desde o última edición celebrada deste concurso tan identitario da cidade do Lérez. Nestos momentos a hostalería, non só neste municipio, se non de todas as partes, brega con dificultades, subidas desmedidas de costes de suministros e materias primas e unha gran incertidume. Por iso a Concellaría de Promoción Económica quere apoiar ao sector de todos os xeitos posibles. Así este ano traballa man a man con HOEMPO na realización do tradicional concurso de tapas, ‘PontedeTapas’. 

Durante estas xornadas poderanse degustar exquisitas tapas tradicionais e creativas polo prezo de 4 euros, bebida non incluída, nos establecementos hostaleiros participantes .

O concurso contará con dúas modalidades de participación; tapas creativas e tapas tradicionais, e os premios serán outorgados mediante un xurado popular. Tamén se entregará o premio Tapa Pontevedra atendendo ás votacións do público participante no roteiro.

Os clientes que participen na votación entrará, ademais, no sorteo de diversos premios.

Por primeira vez, elixirase a Tapa de Pontevedra que representará á cidade na final do concurso ‘De Tapas por Galicia’, na que compiten as tapas gañadoras dos distintos certames de tapas das sete grandes cidades galegas.

Máis infomación, bases e inscrición en capitalgastro.gal


Hora

(Venres) 00:00 - 23:59

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!