Ponteverán 2024 en Pontevedra

lun01xulConsultarsáb31agoPonteverán 2024 en Pontevedra programa de tempo libre e lecer para o verán(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra organiza un ano máis o programa municipal de tempo libre lecer para o verán Ponteverán, configurado a través dunha oferta cultural e de ocio educativo para a mocidade e adolescencia —entre os 8 e 35 anos—. Rapazas e rapaces terán a oportunidade de realizar actividades ao aire libre, a través das cales se favorece o seu desenvolvemento persoal con valores positivos de inclusión, respecto, creatividade, hixiene, esforzo e igualdade.

Todas as actividades de Ponteverán son de balde. O vindeiro 3 de xuño abriranse os formularios en liña para remitir solicitudes. Unha vez esgotado o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición coa achega da documentación necesaria, ou para o sorteo de prazas —no caso de ser necesario—. Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade coas prazas asignadas que vaian quedando vacantes.

As propostas deste ano poden ser consultadas na páxina web oficial do Concello de Pontevedra. Ademais, é posíbel solicitar información de primeira man na Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra, na Casa da Luz, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou no teléfono 986 840 367.

O cartaz deste ano nace do talento e da man da artista pontevedresa Alba Santa, que deixou unha serie de ilustracións frescas e de verán, que anticipa a chegada do inicio das actividades como un xeito de socialización, diversión e desconexión.


Hora

Xullo 1 (Luns) - Agosto 31 (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!