'Prende no colo', con Luís Prego e Samuel Soto en Pontevedra

mér25setConsultar'Prende no colo', con Luís Prego e Samuel Soto en PontevedraApego no outono 2024(Consultar: mércores) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos.

Actividade do programa Apego, orientada a familias con crianzas de 0 a 3 anos, da man de Luís Prego e Samuel Soto.

Dúas sesións, de 17.15 a 18.00 horas e de 18.30 a 19.15 horas na Cova dos Libros do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Todas as actividades do programa Apego son de balde, mais cómpre inscribirse previamente en apuntate.pontevedra.gal. 

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Está pasando!