‘Camiñada con Castelao’ en Pontevedra

mér04xuñ18:30‘Camiñada con Castelao’ en PontevedraAno Castelao. Concello de Pontevedra18:30 Café Moderno Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra, ten á disposición dos colectivos que as soliciten varias visitas guiadas pola Pontevedra vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega entre os que destaca a figura de Castelao.

Dentro do programa de actividades e iniciativas programadas polo Concello para o Ano Castelao, terá lugar este mércores 4 ás 18.30h. no Café Moderno, a presentación da reedición do caderno ‘Meu Pontevedra. Camiñadas con Castelao’ na que participará o edil de Normalización, Demetrio Gómez.

Unha publicación que acompañará o percorrido polas rúas da cidade seguindo a pegada de Castelao, con ilustracións da artista Ana Seoane e texto de Roberto Rivas. Rivas será tamén o encargado de conducir, ao remate, a camiñada que partirá do propio Café Moderno e que non precisa de inscrición previa.

O percorrido, cunha duración de entre dúas horas e dúas horas e media, discorrerá pola rúa da Oliva, praza da Ferraría, praza da Verdura, praza da Leña, igrexa de San Bartolomeu, praza da Pedreira, rúa César Boente, praza de Méndez Núñez, rúa Real, praza das Cinco Rúas, praza do Teucro, Teatro Principal e praza de Santa María, e contará cunha visita á Sala Castelao do Museo.

Hora

(Mércores) 18:30

Localización

Café Moderno Afundación

Praza de San Xosé, 3 36001 Pontevedra

Está pasando!